Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Blog

IV Aniversario

Hoxe cúmprense catro anos da aparición de Proxecto ARGA na rede: corenta e oito meses nos que se publicaron máis de duascentas rehabilitacións, coas súas correspondentes historias e proxectos, e resumidas en case dúas mil imaxes.

Neste percorrido estivemos acompañados por máis de catro mil amigos repartidos entre Facebook, Twitter e tamén Intagram… e esperamos que esta gran familia virtual aumente e gocemos todos xuntos desta viaxe polas Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.

E foi pensando nestes amigos, en vós, que se nos ocorreu celebrar o noso cuarto aniversario dándovos as grazas por estar aí, por estar ao outro lado da rede, lendo as novas incorporacións semanais, dándonos o voso apoio para buscar novas rehabilitacións, colaborando e aportando as vosas propias intervencións…

E para comezar este novo ano, curso ou como lle queirades chamar... temos moitas novidades e proxectos en marcha, que ao longo das próximas semanas irán vendo a luz. Esperamos que vos gusten, porque sen vós, isto non sería posible.

Un millón de grazas!