Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Santa Comba de Naves

Historia

Fundado probablemente por Afonso III no ano 888, o antigo mosteiro beneditino de Santa Comba de Naves presenta o aspecto dunha fortaleza que perdeu a súa batalla contra a maleza e a ruína. Sobre a porta principal encóntrase o escudo do cenobio: cruz treboada, compás e un círculo que suxiren a súa dependencia de San Salvador de Celanova, ao que se anexionou en 1499. E pese á resistencia oposta durante algúns anos, o 19 de marzo de 1513 León X decretaba a súa anexión definitiva á Congregación beneditina de Valladolid.

O conxunto foi reconstruído en 1760 e estivo en funcionamento ata a súa desamortización en 1836, momento no que só habitaban catro monxes.

Los restos que hoxe se conservan redúcense a diversas estancias inundadas de escollos e colonizadas por unha frondosa vexetación. E aínda que a edificación constaba de varias alturas, na actualidade tan só se pode visitar a planta baixa, xa que as plantas superiores desapareceron por completo quedando nalgunhas zonas unicamente as paredes exteriores que as cubrían.

Bibliografía

  • DONO LÓPEZ, Pedro: "Sobre os primeiros documentos en galego do mosteiro de Santa Comba de Naves", Verba. Anuario Galego de Filoloxía, número 38. Santiago de Compostela 2011. Páx.51-94.
  • DURO PEÑA, Emilio; "El monasterio de Santa Comba de Naves", Anuario de Estudios Medievales, número 5. Madrid 1968. Páx.137-180.