Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Albergue Público de Triacastela

Historia

A Casona da Igrexa Vella é un complexo construtivo formado pola articulación de tres edificacións unidas (dous volumes) a modo de elos que, sen deixar de estar articuladas, se adaptan á pendente topográfica.

Memoria

A actuación tomou como premisa inicial un respecto reverencial polo existente, o que obriga a non alterar volumes, perfís ou materiais e a rexeitar toda técnica de cirurxía arquitectónica. Por isto, os usos do programa que non podían axeitarse ao existente dispuxéronse en novos edificios (…).

Os vellos edificios de laxes louseñas restáuranse coidadosamente, restituíndo as cubertas de lousa, dispoñendo divisións de madeira, respectando tódolos ocos e substituíndo a carpintería por pezas novas de madeira pintadas de azul intenso, moi frecuente nas construcións populares galegas e en varias zonas do percorrido castelán do Camiño (…).

As novas construcións deséñanse coa vontade de completar e servir ao conxunto, sen renunciar á súa contemporaneidade. Esta intención tradúcese na implantación, forma e materiais das novas pezas que, sen seren miméticas, xustifícanse na súa relación co entorno.

(GARCÍA BRAÑA)

Bibliografía

  • GARCÍA BRAÑA, Celestino; “Albergue de Peregrinos e acondicionamento do seu entorno”, Obradoiro, número 24. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela 1995. Páx.96-99.
  • SEARA MORALES, Iago; “Celestino García Braña”, Artistas Galegos. Arquitectos, tomo VI: Da modernidade ao século XXI. Nova Galicia Edicións. Vigo 2003. Páx.268-297.