Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Salón de Banquetes Castro de Amarante

Historia

A primeira referencia documental desta casa-forte é no testamento que Ruiz Fernández Noguerol –señor da casa de Amarante– fai da mesma ao patrimonio da casa de Camarasa, outorgado o 10 de outubro de 1324.

Ao longo do século XV foi vítima de diversas revoltas violentas que supuxeron importantes destrozos nas súas fábricas.

Do antigo castelo só se conserva unha gran estrutura de planta ovalada que puido ser unha torre ou un reduto central. Posteriormente, engadíuselle un torreón polo lado sur.

No século XVIII construíuselle un grandioso pazo que destacaba pola amplitude das súas estancias.

En 1823, durante as guerras entre os constitucionais e os realistas, a fortaleza sufriu danos de consideración debido ao asalto dos primeiros.

Memoria

O estudio aposta pola rehabilitación nun intento de conservar o legado de xeracións anteriores, mantendo e reutilizando as estruturas e materiais existentes que, complementados con novos materiais e solucións técnicas, garantan estándares de confort acordes aos tempos actuais e unha mellora da eficiencia enerxética do edificio.

(SANTOS FERRO)

Bibliografía

  • ADÁN VILLAMARÍN, José Antonio; Proxecto de rehabilitación do Pazo de Amarante, Antas de Ulla, Lugo. Traballo fin de carreira da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Universidade da Coruña. A Coruña 1998.
  • BOGA MOSCOSO, Ramón; “Santo Estevo de Castro de Amarante”, Guía dos Castelos medievais de Galicia: itinerarios, arquitectura, historia, lendas e información práctica. Edicións Xerais. Vigo 2003. Páx.26-32.
  • GARCÍA GONZÁLEZ, María del Carmen + REY LÓPEZ, Carmen; “Rehabilitación do Pazo de Amarante para salón de banquetes”, K2C Arquitectas. Santiago de Compostela 2005.
  • SANTOS FERRO, José Ángel; Origen y evolución de 4 fortalezas bajo medievales en la parte suroeste de la provicia de Lugo y sus dominios monásticos sobre el priorato de Vilar de Donas. Tese doutoral do Departamento de Composición Arquitectónica - Universidade da Coruña. A Coruña 2013.
  • VARELA CAMPOS, María Paz; “Fortaleza de Castro de Amarante”, Castelos e fortalezas de Galicia. Nigratea. Vigo 1999. Páx.12-16.
  • VÁZQUEZ SEIJAS, Manuel; “Castro de Amarante”, Fortalezas de Lugo y su provincia: notas arqueológicas, históricas y genealógicas. Deputación Provincial de Lugo, Servizo de Publicacións. Lugo 1997. Páx.68-75.