Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Hórreo 'Gran Suite'

Historia

Conxunto de hórreos.

Memoria

A función para a que foron concibidos os hórreos é a de almacenar e curar o gran dende a época da colleita, que ten lugar nos meses de outono, ata o devalante da lúa de marzo, na que se malla e pasa ás huchas. Este ciclo de uso conleva un período de desocupación destas edificacións comprendido entre os meses de primavera e outono, durante o que se poden encaixar múltiples propostas de aproveitamentos alternativos compatibles coa función de seu, e sen producir alteracións substanciais que contraveñan a condición de ben patrimonial.

Tendo en conta estas consideracións, a intervención centrouse no acondicionamento do seu interior a fin de convertelo nunha suite persoal para xente nova para uso durante a época estival. Para isto propoñemos un sinxelo sistema de auto-edición, baixo custe e rápida montaxe que resolve unhas funcións mínimas de asento, escritorio, descanso e almacén, e coa suficiente neutralidade para permitir a cada un dos usuarios personalizalo ao seu xeito.

Os contedores e superficies empregados son obxectos cotiáns reutilizados, e todos comparten o mesmo sistema de ancoraxe mediante cinchas suxeitas aos balaustres de cerramento do hórreo, que pola súa condición de secuencia de fendas ofrece un magnífico sistema continuo de guías de ancoraxe.

(DEL RÍO REGOS + RILO CALVO + TUBÍO PAZOS)

Bibliografía

  • DEL RÍO REGOS, Manuel + RILO CALVO, Xabier + TUBÍO PAZOS, Ricardo; “Gran Suite. Aproveitamento dos hórreos en desuso”, Cenlitrosmetrocadrado. Santiago de Compostela 2013.
  • PARRA, Enrique; “Hórreos habitables”, Pedacicos Arquitectónicos. Murcia 2013.
  • VV.AA.; “Del palé a los muebles originales”, Küpu. Vimianzo 2013.
  • VV.AA.; “Cenlitrosmetrocadrado”, Folio. Periscopio Media SA de CV. México 2013.
  • ZABALBEASCOA, Anatxu; “Hórreo todo el año”, El País. Madrid, outubro 2014.