Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia Proxecto ARGA
Galego

Albergue Público de As Seixas

Historia

Antiga casa de labranza cuxa construción data do 1947, de acordo coa inscrición existente sobre a porta de entrada e que aparece franqueada por dúas árbores do Paraíso similares ás da porta lateral da igrexa de San Salvador de Merlán.

Na fachada principal da vivenda poden verse dous respiradoiros de cantería que servían para ventilar as antigas cortes. E na parte dereita do inmoble consérvase o forno.

Memoria

Interpretacións das nosas casas de pedra. Unha e outra vez encontrarse con edificios cheos de restos de tempo e vidas pasadas. Chegamos, recollemos ecos e imaxinamos hábitos e habitantes. En ocasións pouco se pode conservar aínda que o desexo de manter eses ecos nunca nos abandona.

A arquitectura do edificio é sinxela, recupérase todo aquilo que se puido transformando a cheminea nun lucernario e espazo de descanso. Logo, como tantas veces, inserir cousas dentro de casas. Neste caso a envolvente de madeira de eucalipto en planta alta para envolver as habitacións. Unha dobre altura para a escaleira de formigón, madeira e vidro. O resto superficies de madeira e vidros con toques de cor. Os muros se perforan onde convén sen desexos compositivos.

A urbanización imaxinouse como una superficie de formigón lavado serpeando dende o acceso. O lavadoiro como unha cuberta semienterrada de formigón na parcela e separada da casa. Unha pequena piscina para os pés cansados recibe ao peregrino.

O noso desexo: crear un lugar onde chegar, estar e descansar.

(LÓPEZ ALBA)

Bibliografía

  • GRAÑA GONZÁLEZ, María; “El albergue para peregrinos de Seixas, en Palas de Rei, a punto de abrir”, El Progreso. Lugo, 24 de xullo de 2010.
  • LÓPEZ ALBA, Óscar; “Rehabilitación de edificio para albergue de peregrinos”, OLA Estudio.
  • VV.AA.; “Camiño Primitivo na Ulloa (12): o albergue das Seixas”, A Ulloa en fotos. A Ulloa 2010.